Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 16 de setembro

10.30 h
Na terraza da Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte; das asociacións de comerciantes Santiago Centro, Compostela Monumental, Em-Rede, Ourives de Compostela e Área Central; e da Asociación Hostelería Compostela para presentar o programa de dinamización e incentivación do consumo no comercio e hostalería a través dos bonos Corazón Compostela.
NOTA: a rolda retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.00 h
Na terraza da Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, para presentar a programación de setembro a xuño do Centro Xove.
NOTA: a rolda retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.15 h
Na Sala Circular do Auditorio de Galicia, ROLDA DE PRENSA do alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, para presentar a Temporada de abono 2021-2022 da Real Filharmonía de Galicia-Auditorio de Galicia. Á rolda asisten tamén a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; a directora técnica da RFG, Sabela García Fonte; e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín Lopez. O director titular e artístico da RFG, Paul Daniel, intervirá por video. (Presencial)

13.30 h
No Centro Internacional de Acollida ao Peregrino, en Carretas, o alcalde de Santiago, asiste á sinatura do protocolo entre a Xunta e a Dirección Xeral de Tráfico para a realización de accións conxuntas no Camiño de Santiago, no marco da campaña da DGT Camino Seguro.

19.00 h
Na Fundación Araguaney, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de inauguración da exposición "Retratando en Plata", organizado por AGADEA con motivo do Día Mundial do Alzhéimer.

Compartir: