Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 14 de setembro

10.00 h
No Salón Verde, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na reunión final do proxecto europeo EPICAH baixo o título "A cultura como motor de desenvolvemento económico".
NOTA: Achegaremos nota, audio e foto

11.00 h
No Salón Teatro, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación do Festival Agustín Magán 2021.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Compostela Aberta Xan Duro, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

Compartir: