Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 30 de novembro

10.20 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Facultade de Ciencias da Comunicación (na entrada), ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar o proxecto Youtubeir@s 2017-2018. Tamén estarán a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; a vicerreitora de Servizos Universitarios da USC, María do Carme Silva Domínguez; e a coordinadora do proxecto, Mónica Fernández Valencia.

11.30 h
No Salón de Actos do Mercado de Abastos, a concelleira de Mercados, Noa Morales, asiste á presentación do Proxecto de promoción da divulgación da sustentabilidade da pesca fresca "Impacto Zero".

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, para presentar as actividades con motivo do Día Mundial da SIDA.

12.00 h
No Salón Nobre, lectura do manifesto con motivo do Día Internacional da Cidade Educadora.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o Mercado da Estrela.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, sobre asuntos da súa área.

Compartir: