Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 29 de novembro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar o curso básico de Protección Civil e o convenio de colaboración con Bombeiros para a atención de emerxencias. Na rolda tamén estará a responsable de Protección Civil, Begoña del Río, e o xefe dos Bombeiros, Xesús Martínez.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar o proxecto de compra pública innovadora Smartiago.

17.15 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Ratificación da urxencia da convocatoria
2. Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE)
3. Aprobación de convenio entre o Ministerio de Economía, Industria e Competitividade (MINECO) e o Concello de Santiago de Compostela para o proxecto SMARTIAGO, cofinanciado con fondos FEDER.

19.00 h
No Museo do Pobo Galego, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside, xunto coa presidenta da Asociación Hostelería Compostela, Sara Santos, o acto de entrega dos premios do X Concurso Santiago(é)Tapas.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia. Principal director convidado da RFG dende a tempada 2016-2017, Jonathan Webb ponse unha vez máis á fronte da orquestra nun concerto que inclúe pezas de H. Krasa, B. Martinu E A. Dvoràk. Entradas a 12 euros (Descontos habituais do 50%)

20.30 h
No Teatro Principal, representación de Masacre. Unha historia do capitalismo español. Unha produción de Teatro del Barrio, con texto, dirección e interpretación de Alberto San Juan. Marta Calvó co-protagoniza esta peza sobre escura relación entre os poderes económico e político. Entradas a 14 euros.

Compartir: