Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 28 de novembro

9.00 h
No Museo das Peregrinacións, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura o encontro "Procesos participativos nos Plans de Xestión das Cidades Patrimonio da Humanidade Españolas", ao que asisten os concelleiros das 15 cidades Patrimonio.

10.00 h
No Cersia, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asiste á inauguración do II Foro de Economía Social.

11.00 h
Na sede do Consorcio, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presenta o libro infantil "Nemo e Sabela polos parques de Compostela". Tamén estarán Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; José Luis Teófilo, director de Teófilo Comunicación, editora do libro; Paco López-Barxas, autor da publicación; e Isabel Pintado, ilustradora.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar o Mercado de Nadal.

19.00 h
No salón de actos do Colexio de Avogados, a concelleira de Igualdade, Marta Lois, asiste ao acto de apertura da XI Xornada Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización.

Compartir: