Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 25 de novembro

11.30 h
Roteiro interpretativo polas Brañas do Sar, dentro das actividades programadas polo CIAC. A actividade está dirixida a todos os públicos (nenos/as a partir de 10 anos). É de balde pero é preciso inscribirse no teléfono 981543145 ou no seguinte enlace:
https://goo.gl/forms/nPxY21CLvlSCZ98X2

12.30 h
Na rúa Campo do Cruceiro do Gaio (debaixo da Ferradura), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á descuberta da placa conmemorativa aos doutores Ramón e Antonio Baltar Domínguez, acto organizado pola Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA) e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia (AFNLG).

12.30 h
Na Cidade da Cultura, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, visita a III Maker Faire.

19.00 h
Na Zona C, charla e visita guiada da exposición "Un cuarto propio", coa artista Rosa Neutro e o comisario Rosendo Cid.

20.30 h
Na Igrexa da Universidade, o Cuarteto Granados pecha as Xornadas de Música Contemporánea cun concerto con obras de Jesús Torres, Arnold Shoenberg e Gustavo Díaz Jerez que inclúe unha peza de estrea deste último. Entrada de balde ata completar aforo.

21.30 h
No Pazo de San Lourenzo, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á Gala de Nadal da Fundación Andrea.

Compartir: