Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 24 de novembro

8.45 h
No Pazo de Congresos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á inauguración da Xornada da Asociación Española de Directivos "Los Directivos Gallegos, hacia un nuevo liderazgo-Reinvéntate Galicia".

10.00 h
Na Facultade de Psicoloxía da USC, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, asiste á inauguración do XI Seminario sobre saúde mental e discapacidade intelectual.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, sobre o alumeado de Nadal 2017.

11.30 h
Na Praza do Obradoiro, declaracións do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

12.30 h
No Teatro Principal, acto central con motivo do 25 N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres.

14.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción aos participantes na IX Xornada Estatal de Psicoloxía da Violencia de Xénero.

16.00 h
No Auditorio Abanca, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois asiste ao acto inaugural da IX Xornada Estatal de Psicoloxía contra a violencia de xénero

19.30 h
No CSC de Santa Marta (Sala Agustín Magán), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e os concelleiros e concelleiras do goberno municipal participan no oitavo Encontro ao Vivo. Neste caso coa veciñanza da zona URBANA SUR: Conxo, Santa Marta, Choupana, Volta do Castro e Vidán

20.30 h
No Paraninfo da Universidade, concerto do trompetista Manuel Blanco e a pianista Karina Azizova nun programa titulado Lendas e fantasías que forma parte das Xornadas de Música Contemporánea 2017. Entrada de balde até completar aforo.

Compartir: