Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 23 de novembro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o disco EMPA#01, un traballo feito durante o período 2016-17 no Curso Maxistral da Escola de Música Popular e Avanzada de aCentral Folque. Na rolda participarán tamén os músicos Alejandro Vargas e Alba María.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, para presentar o Programa de Conciliación de Nadal 2017.

11.30 h
Na sede de Trameve (Polígono Industrial do Tambre, vía De la Cierva, 50), a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, participa na presentación de Escenas do Cambio.

12.00 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado pola concelleira de Igualdade, Marta Lois, e máis membros da Corporación, visita os seguintes establecementos adheridos á campaña Compostela en Negro: Óptica Val (praza Roxa), Emilio Iglesias, Gadis e CSC do Ensache (todos eles na rúa Frei Rosendo Salvado). Saída da Praza do Obradoiro.

17.30 h a 19.00 h
No Centro Sociocultural de Vite, obradoiro de reacondicionamento de computadores refugados, dentro da campaña "Longa vida aos teus aparellos electrónicos". De 19.30 h a 21.00 h, no Centro Sociocultural do Ensanche.

19.30 h
Na Fundación Gonzalo Torrente Ballester (Rúa do Vilar, 7), o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, presenta o libro "Galicia ante todo. Páxinas esquecidas do Rexurdimento (1840-1853) de Antonio Neira de Mosquera". Asisten: Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; Henrique Alvarellos, director da editorial Alvarellos; e Xurxo Martínez, autor da publicación.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, Paul Daniel dirixe a Real Filharmonía de Galicia nun concerto no que converxen obras de Bedřich Smetana, Michael Tippet e Benjamin Britten e que conta coa participación do pianista Steve Osborne.

Compartir: