Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 11 de novembro

9.30 h
En Córdoba (Centro de Recepción de Visitantes), a tenente de alcalde María Rozas asiste á Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

13.00 h
No Auditorio de Galicia, performance Sombra e sordina, da artista Ana Gesto, no marco da exposición colectiva Alén dos Xéneros. Acceso libre.

13.15 h
No Campo da Festa de Aríns, concerto da Banda Municipal de Música de Santiago nas festas en honra a San Martiño. Acceso libre.

18.30 h
Na Sala Agustín Magán do CSC Santa Marta, espectáculo Les Artuáns. Maxia Absurda, mimo, clown e risas para todos os públicos por conta de Pista Catro Produtora de Soños. Entrada 3 euros. Bono familiar (4 entradas). 10 euros.

19.30 h
No Teatro Principal, ceremonia de entrega do premio Cineuropa a Manuel Martín Cuenca. Entrega o premio a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra.

20.30 h
Na Igrexa da Universidade, concerto da Orquestra de Cámara Galega no marco das Xornadas de Música Contemporánea. Rogelio Groba dirixe á formación nunha orquestra con obras de Penderecki, Genzmer, Groba e Groba Otero. Acceso de balde até completar aforo.

Compartir: