Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 9 de decembro

10.00 h
No Cersia, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, preside a XV xuntanza do grupo de 19 concellos "Área Santiago". SÓ GRÁFICOS (informarase na rolda de prensa das 11.30 h).

10.00 h
No salón verde, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, preside a reunión do xurado do programa Búscase Logo.

11.00 h
Na sede do Consorcio, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Ángel Currás, preside a Comisión Executiva e o Consello de Administración da devandita entidade.
NOTA: 11:00 h, só gráficos. 12.00 h, declaracións aos medios.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, para presentar unha campaña promocional de Turismo de Santiago.

12.30 h
No Cemiterio de Boisaca, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á homenaxe a Roberto Nóvoa Santos co motivo do 80 aniversario da súa morte.

Curtocircuíto
18.00h No Teatro Principal, proxeccións de '10 anos de Curtocircuito 1'.
19.00h No Teatro Principal, proxeccións de 'Nacional 1'.
20.30h No Teatro Principal, proxeccións de 'Galicia'.
22.00h No Teatro Principal, proxeccións de 'Internacional 1'.
23.30h No Teatro Principal, proxeccións de 'Play-Doc en Curto 1'.

Compartir: