Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 5 de decembro

10.30 h
Na delegación do Goberno (praza de Ourense, 11, A Coruña), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao acto conmemorativo do XXXV aniversario da Constitución Española e entrega de condecoracións.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, para informar da colocación en diversas zonas da cidade de estatuas de figuras ilustres da nosa cultura.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, para presentar a programación das actividades de xaneiro a xuño 2014 nos centros socioculturais. Na rolda tamén estará o Mago Xacobe.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, para presentar os concertos para grupos emerxentes. Participarán Hellorice, R. Sobrado e Horta de Grelos e Crying Wolf.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

20.30 h
Na Zona C, acto de presentación oficial e proxección inaugural do Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto, que se celebra do 9 ao 13 de decembro.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia dirixida por Andrew Litton con Stephen Hough, piano.
XII Festival de Teatro Amador Agustín Magán
21.00h No Salón Teatro, NNC Teatro presenta 'Santa Perpetua'.

Compartir: