Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mécores 4 de decembro

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico da Banda Municipal de Música, 'Fantasía Animada'.

11.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción aos xogadores de infantil masculino de baloncesto do Colexio Peleteiro.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Comercio, Reyes Leis, sobre asuntos da súa área.

11.30 h
No xardín situado a carón da igrexa de San Caetano (fronte aos edificios administrativos da Xunta de Galicia), a concelleira de Educación, María Castelao, participa no acto de homenaxe ao profesor do CEE López Navalón e escultor Andrés Caamaño Hermida, recentemente xubilado. O acto consistirá na colocación dunha placa de identificación da obra escultórica que se atopa neste espazo verde compostelán, e contará coa presenza do equipo educativo, unha representación do alumnado do centro, así como do autor e a súa familia.

11.30 h
Na Casa do Concello, o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, asina tres convenios de colaboración coas asociacións musicais Solfa, Alfaia e aCentral Folque.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde da cidade, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar a programación cultural do Nadal.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Mar Martín, sobre asuntos de carácter local.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social, María Castelao, xunto con Aser Álvarez, da Asociación de Hostelería Compostela, para presentar as accións formativas do proxecto "servizo responsable".

20.30 h
Na Zona C, concerto de Dancemacumba dentro de Curtocircuito Concerto e Sons'13.

Compartir: