Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 30 de decembro

11.15 h
Traslación 2013
Ofrenda Nacional na Festividade da Traslación dos Restos do Apóstolo Santiago. Delegado rexio: Ángel Currás, alcalde de Santiago.
Desenvolvemento do acto:
11.20 h.- Entrada das tropas na praza do Obradoiro
11.40 h.- Chegada do delegada rexio á praza do Obradoiro.
Pase de revista
Retirada da bandeira e das tropas
Saúdo de autoridades
11. 45 h.- Formación da comitiva oficial.
Acceso á Catedral e inicio da Misa.
Ao remate da mesma, recepción no Concello na honra do delegado rexio. Sinatura no libro de Honra.

18.30 h
No Teatro Principal, Trompicallo presenta 'Osiño' dirixida por Kevin Stewart dentro do ciclo Infantil&Familiar.

19.00 h
En Hello Cooking (rúa de Sar), a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, participa no taller de cociña Doces de Nadal.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, Promoconcert presenta o Concerto de Aninovo coa Strauss Festival Orchestra.

Compartir: