Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 27 de decembro

10.30 h
No Cersia, a concelleira de Emprego, Reyes Leis, visita o curso "obxectivo profesional e busca activa de emprego", dentro do programa integrado Santiago Emprego II.

11.00 h
No CEIP de Fontiñas, a concelleira de Educación, María Castelao, visita o programa de conciliación de Nadal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside a entrega dos premios de Beléns.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

20.30 h
No Teatro Principal, concerto de Todo Lírica 'Rosalía, Gala, Alberti... poesía e canción'. Con Nuria Lorenzo, mezzosoprano, e Carlos E. Pérez, piano.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, estrea de 'Impreuna', un espectáculo de circo, danza, teatro físico e comedia de Pistacatro Produtora de Soños. Dirixido por Pablo Reboleiro está enmarcado dentro do ciclo Teatro&Danza.

Compartir: