Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 26 de decembro

10.15 h
En Aríns (centro de formación ocupacional, Sanxuás), a concelleira de Emprego, Reyes Leis, visita o curso de carretillas elevadoras, dentro do Urbana Santiago Norte.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, para dar a coñecer os gañadores do concurso Santiago de Compostela, desexo concedido.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar as Xornadas de portas abertas de ximnasia rítmica.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Francisco Noya, para presentar a Xornada solidaria da Confraría da Humildade.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA sobre os acordos da Xunta de Goberno Local.

13.00 h
Na Casa das Asociacións de Benestar Social (Salgueiriños), a concelleira de Benestar Social, María Castelao, xunto coa secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, visita a actividade de menores que se está desenvolvendo coa subvención da SXI.

18.30 h
No CSCX do Ensanche, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, asiste ao obradoiro de pequenos agasallos impartido polo artesán Alberto Vila.

18.30 h
No Teatro Principal, Caramuxo Teatro presenta 'Mensaxe sen botella' dentro do ciclo Infantil&Familiar.

Compartir: