Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 23 de decembro

10.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 28 de novembro de 2013.
2. Aprobación provisional da modificación puntual do plan xeral de ordenación municipal e do plan parcial de ordenación no ámbito do solo urbanizable non programado número 31 (SUNP-31). San Marcos.
3. Aprobación provisional da modificación puntual da normativa urbanística do plan xeral de ordenación municipal aplicable ás situacións fóra de ordenación. Modificación dos artigos 109 e 124 e do capítulo IX do PXOM.
4. Recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de 38.712,38 euros.
5. Proposta da Concelleira delegada de desenvolvemento urbano sostible, sobre concesión de bonificación no ICIO á Fundación Catedral de Santiago.
6. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa a determinados aspectos da ordenanza de terrazas e quioscos de hostalería.
7. Dar conta de persoamentos, sentenzas e outras incidencias en recursos contencioso-administrativos.
8. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
9. Rogos e preguntas.
10. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

Ao remate do pleno
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Urbanismo, María Pardo, e os concelleiros Luis Meijide e José Rosende, para informar das diferentes obras que se levarán a cabo nas parroquias do rural.

17.00 e 18.30 h
No Teatro Principal, Baobab Teatro presenta 'Babs', dentro do ciclo Infantil&Familiar (teatro para bebés).

19.00 h
En Hello Cooking (Rúa de Sar 96), a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, asiste ao obradoiro de cociña Nadal entre Amigos.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, Promoconcert presenta 'O Crebanoces' de Tchaikovsky. Co National Ballet of Rusia.

Compartir: