Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 20 de decembro

10.30 h
No Cersia, a concelleira de Emprego, Reyes Leis, visita os cursos de formación de condutor de autobús para vehículos adaptados e de xerontoloxía, dentro do proxecto Persoa. Declaracións ao comezo.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Francisco Noya, para presentar o espectáculo de Fin de Ano e a Cabalgata de Reis.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Praza do Obradoiro, os concelleiros de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e de Mobilidade, Luis Bello, presentan a campaña Ser Libris de fomento da lectura no transporte público. Tamén estará a vicepresidenta da Asociación Galega de Editores, Belén López Vázquez.

20.30 h
Na sede da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, o alcalde compostelán, Ángel Currás, e varios concelleiros asisten ao acto de Homenaxe ao asociado así como ás empresas que cumpren 25 anos como membros da organización.

21.00 h
Na Sala Capitol, concerto de The Pepper Pots (Girona, soul) que presentan o seu novo disco 'We must fight' dentro do ciclo Compostela Rock.

21.00 h
No Auditorio Novagalicia Banco, Yllana presenta 'Far West' dentro do ciclo Teatro&Danza.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Nadal da Real Filharmonía de Galicia dirixido por Paul Daniel: 'O Mesías', extractos con intervención da Capela Compostelana e o Coro de Nenos da Escola Municipal de Música de Santiago.

21.00 h
Na sala Sonar, segundo concerto organizado pola Concellería de Xuventude con fin de visibilizar o traballo dos grupos emerxentes de música da cidade, organiza dous concertos. Nesta ocasión os grupos participantes son : Horta de Grelos e Crying Wolves. Asiste a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez.

Compartir: