Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 19 de decembro

10.30 h
Na Alameda, a concelleira de Comercio, Reyes Leis, visita o Recuncho de Papá Noel, que comezará a funcionar a partir do 20, e as casetas que empregarán as entidades sociais. Punto de encontro: pista de xeo.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, sobre asuntos da súa área.

11.15 h
No Salón Vermello, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, entrega os premios dos certames de logo e fotografía.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar Impreuna. Estará tamén o director do espectáculo, Pablo Reboleiro.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Comercio, Reyes Leis, sobre asuntos da súa área.

17.30 a 19.00 h
O Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela acolle o obradoiro de coctelería sen alcohol organizado en colaboración co Concello de Santiago e coa UMAD dentro do programa Servizo Responsable. É unha acción formativa dirixida tanto a profesionais como a interesados en xeral.

20.30 h
No Teatro Principal, concerto inaugural de Todo Lírica con Jose´Ferrero, tenor; e Rubén Fernández Aguirre, piano que presentan 'Wagner&Verdi Centenarios'.

21.00 h
Na Catedral, a concelleira Rebeca Domínguez asiste ao Concerto Extraordinario organizado polo Conservatorio Profesional de Música de Santiago.

Compartir: