Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 17 de decembro

10.00 h
Na Alameda, o alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Urbanismo, María Pardo, visitan as obras do estanque. Punto de encontro: quiosco.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.45 h
Na Casa do Concello, o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presenta o programa do Todo Lírica 2013 que se celebra este Nadal.

12.30 h
No Auditorio de Galicia (Sala Circular), o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside a xuntanza de alcaldes da Área Santiago. Declaracións ao inicio.

16.30 h
No LSC de Marantes, os concelleiros de Centros Socioculturais, Francisco Noya, e de Seguridade Cidadá, Luis Bello, asiste á charla sobre os riscos de ser peón no rural "Mira que te miren", impartida pola Policía Local. Ás 19.30 h, no LSC de Figueiras.

19.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside o acto de entrega dos Premios Antón Fraguas.

20.30 h
No Centro Sociocultural da Rocha, o alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Urbanismo, María Pardo, asisten á presentación do libro Rocha Forte, xunto coa Asociación Cultural Rocha Forte. Tamén estarán o arqueólogo José Suárez Otero; Andrea López Lozano, da empresa A Navalla Suíza; e Manuel del Río Regos, da empresa Cenlitrosmetrocadrado.

Compartir: