Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 16 de decembro

10.00 h
No Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia (rúa do Vilar, 19), o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coas concelleiras Reyes Leis e María Pardo, asiste á exposición-espectáculo Ver para crer, do Mago Romarís, dentro do programa #nadalamos?. Participa o CEIP de Vite.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, para presentar o libro "Rocha Forte". Asisten os arqueólogos José Suárez Otero e Dolores Cerqueiro.

12.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción aos traballadores do Concello que se xubilaron este ano 2013.

Compartir: