Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 13 de decembro

9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, participa no almorzo informativo orgnanizado por Fórum Europa Tribuna Galicia coa presidenta do Parlamento, Pilar Rojo.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Dominguez, e do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, para presentar a actividade 'O Crebanoces'. Asiste tamén a actriz protagonista do espectáculo, Larraitz Urruzola.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Comercio, Reyes Leis, sobre asuntos da súa área.

20.30 h
Na Zona C, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á clausura e entrega de premios da X edición do Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto.

20.30 h
No Salón Teatro, Teatro do Aquí presenta 'Criaturas' de Roberto Vidal Bolaño dentro do ciclo Teatro&Danza.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Hakan Hardenberger. Dentro do Programa de Abono do Auditorio de Galicia.

21.00 h
Na Sala Capitol, concerto de Delafé y las Flores Azules (Barcelona, indie-pop/trip-hop)m no que presentan o seu novo disco 'De ti sin mí, de mí sin ti'. Dentro do Curtoconcerto e Compostela Rock.

21.00 h
No Teatro Principal, Teatro do Atlántico presenta 'A charca inútil' de David Desola. Dirixida por Xulio Lago con Marcos Vieitez, María Barcala e Gonzalo M. Uriarte. Dentro do ciclo Teatro&Danza.

Curtocircuíto
12.00h No CGAC, Aula de cine Márgenes con Luis E. Parés: 'Anatomía da influencia'.
16.30h No CGAC, Cafés con CREA
16.00h. Na Zona C, proxeccións de 'Retrospectiva: Galicia en Curto'
17.00h. Na Zona C, proxeccións de '10 anos de Curtocircuíto 2'
20.30h. Na Zona C, Clausura do festival.

Compartir: