Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 12 de decembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o Campus Vero Boquete.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Comercio e Turismo, Reyes Leis, para presentar o Mercado da Estrela.

12.00 h
Na Alameda, o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Comercio, Reyes Leis, inaugura a Pista de Xeo.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

19.30 h
No Centro Xuvenil do Ensanche, charla "Seguridade básica para smartphones", impartidas por EWC-ASIF, especialistas en seguridade informática. Organizada pola Concellería de Centros Socioculturais.

19.00 h
No Museo Centro Gaiás-Cidade da Cultura, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á entrega de premios da Cultura Galega 2013 que outorga a Xunta de Galicia, acompañado por varios concelleiros.

20.00 h
Na rúa Cottolengo, 2 (detrás de Hipercor), o concelleiro de Medio Rural, Luis Meijide, asiste á inauguración da sexta exposición "Arte e solidariedade", organizada por Proxecto Home Galicia.

20.30 h
Na Cámara de Comercio, o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto co presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey, preside a entrega da XIII edición dos Premios Manuel Beiras. Asiste a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez.

20.30 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside a I Gala do Deporte de Santiago. Asiste o concelleiro de Deportes, Adrián Varela.

20.30 h
No Salón Teatro, Teatro do Aquí presenta 'Criaturas' de Roberto Vidal Bolaño dentro do ciclo Teatro&Danza.

21.00 h
No Auditorio Novagalicia Banco, 'El chico de la última fila' de Juan Mayorga, coa compañía 'La fila de al lado'. Dirixida por Víctor Velasco e con O. Nieto, M. Lago, O. Pazos, N. Braceli, R. Sáenz de Heredia e S. Marzá. Dentro do ciclo Teatro&Danza.

Curtocircuíto
12.00h No CGAC, Aula de cine Márgenes con Luis E. Parés: 'Anatomía da influencia'.
16.30h No CGAC, Cafés con CREA
18.00h. No Teatro Principal, proxeccións de 'Play-Doc en Curto 1'
19.00h. No Teatro Principal, proxeccións de 'Nacional 2'
20.30h. No Teatro Principal, proxeccións de 'Internacional 2'
22.00h. No Teatro Principal, proxeccións de 'Explora'
23.30h. No Teatro Principal, proxeccións de 'Play-Doc’ en Curto 2'

Compartir: