Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mécores 11 de decembro

10.00 h
No CGAC, a concelleira de Economía, Reyes Leis, asiste á Xornada Galicia Emprende "O novo impulso da Xunta á creación de empresas".

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Comercio, Reyes Leis, para presentar a selección da marca comercial do barrio de San Pedro.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro Adrián Varela para presentar o Programa de Conciliación de Nadal da Concellería de Educación.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o III máster Rally de Campións. Asiste o presidente da Escudería Compostela, Manuel Ramos, e o piloto compostelán, Luis Penide.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, e do responsable do colectivo LGBT da agrupación socialista de Santiago, Gonzalo Diz.

12.30 h
No Centro Comercial As Cancelas, o alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Economía, Reyes Leis, asisten ao concurso de emprendedores Lánzate Santiago de Compostela.

19.00 h
No salón Cimabue do Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela (Campillo de San Francisco nº3), a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asiste á presentación do libro "Xosé Neira Vilas.Memoria gráfica" .

20.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á presentación do libro "El auténtico caballero debe vestirse por los pies", de David García Bragado.

21.00 h
No Auditorio Novagalicia Banco, 'El chico de la última fila' de Juan Mayorga, coa compañía 'La fila de al lado'. Dirixida por Víctor Velasco e con O. Nieto, M. Lago, O. Pazos, N. Braceli, R. Sáenz de Heredia e S. Marzá. Dentro do ciclo Teatro&Danza.

Curtocircuíto
12.00h No CGAC, Charla-coloquio AGAG con Eloy Enciso: 'O non -guión'
16.30h No CGAC, Cafés con CREA
18.00h. No Teatro Principal, proxeccións de 'Retrospectiva: Galicia en Curto'
19.00h. No Teatro Principal, proxeccións de 'Galicia'
20.30h. No Teatro Principal, proxeccións de 'Internacional 1'
22.00h. No Teatro Principal, proxeccións de 'Nacional 1'
23.30h. No Teatro Principal, proxeccións de '10 anos de Curtocircuíto 1'

Compartir: