Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 10 de decembro

11.00 h
En Lavacolla, o concelleiro Luis Bello asiste aos actos con motivo da festividade da Virxe de Loreto, patroa do Exército do Aire. Punto de encontro: igrexa parroquial.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar dúas obras que teremos esta semana dentro do ciclo Teatro&Danza: 'El chico de la última fila' e 'A charca inútil'. Na rolda estarán tamén Olaia Pazos, actriz, e Miguel Lago, produtor e actor de 'El chico de la última fila'; 'Xulio Lago, director, e María Barcala, actriz, de 'A charca inútil'.

11.15 h
Na Praza de Abastos de Santiago, torre central, ROLDA DE PRENSA de presentación da campaña de Nadal da Praza de Abastos de Santiago 2013. Asisten a concelleira de Mercados, Reyes Leis; o presidente de Mercado de Abastos de Santiago, S. Coop. G, José Fernández Rodríguez; e a xerente, Marta Rey.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Elvira Cienfuegos, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
No Monte do Gozo, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao acto de conmemoración do XX aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Patrimonio da Humanidade. Punto de encontro: ermida de San Marcos.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, para presentar o II Concurso de Cartas aos Reis Magos.

12.15 h
No Pazo de Raxoi (Xunta de Galicia), o alcalde compostelán, Ángel Currás, intervén no acto de lectura do manifesto institucional con motivo do XX aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Patrimonio da Humanidade.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Comercio e Turismo, Reyes Leis, para presentar "Nadalamos".

17.15 h
Na Cidade da Cultura, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asiste á mesa redonda con motivo do XX aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Patrimonio da Humanidade

17.30 h
Na Casa das Asociacións de Cornes, o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, asiste á selección dos representantes veciñais para o Consello de Relacións Veciñais.

18.15 h
No Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela (rúa Salvadas), a concelleira de Turismo, Reyes Leis, participa na entrega de premios da VI edición de SANTIAGO(é)TAPAS.

22.00 h
Na Sala Capitol, concerto de Sensible Soccers (Fornelo, Portugal, psicodelia), enmarcado en Curtoconcerto e Compostela Rock.

Curtocircuíto
12.00h No CGAC, Charla-coloquio con María Yáñez: 'Cinema e interactividade'.
18.00h. No Teatro Principal, proxeccións de 'Play-Doc en Curto 2'
19.00h. No Teatro Principal, proxeccións de 'Nacional 2'
20.30h. No Teatro Principal, proxeccións de 'Explora'
22.00h. No Teatro Principal, proxeccións de 'Internacional 2'
23.30h. No Teatro Principal, proxeccións de '10 anos de Curtocircuíto 2'

Compartir: