Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 21 de marzo

11.00 h
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), Concerto Didáctico da Banda Municipal de Música, dirixida por Xosé Carlos Seráns.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Medio Rural, Luis Bello, e de Participación Cidadá, Francisco Noya, sobre asuntos das súas áreas.

12.00 h
No parque Emilia Pardo Bazán (Monte de Conxo-Santa Marta), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, xunto coa concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, participa na plantación de árbores que realizarán os nenos dos colexios Quiroga Palacios e Divino Maestro con motivo do Día da Árbore e da Auga.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 11.45 h da praza do Obradoiro.

20.00 h
No Paraninfo da Universidade, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á presentación do libro "Paisajes y palabras", de Xerardo Estévez.

20.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á entrega dos premios da Fundación Down Compostela.

20.30 h
No Teatro Principal, gala-concerto 'Palabra de Muller' con Rebeca Jiménez (Segovia); Cardigan Bridge (A Coruña); Jane Joyd (A Coruña) e Patricia Moon (Vigo)

Compartir: