Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 20 de marzo

9.30 h
En Madrid (Hotel Ritz), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao almorzo informativo organizado por Fórum Europa no que participa como ponente a ministra de Fomento, Ana Pastor.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

18.00 h
En Cádiz, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asina un convenio de colaboración en materia cultural coa rexedora de Cádiz, Teófila Martínez. A continuación (18.30 h) atenderá os medios de comunicación e ás 19.00 h, pronunciará unha conferencia.

Compartir: