Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 22 de marzo

10.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, reúnense coas asociacións de hostalería.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o ciclo De Lugares e Órganos. Na rolda tamén estará a directora, Belén Bermejo.

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, Determinada Compañía presenta ’Nina Ninette’, dentro do Programa Didáctico de Compostela Cultura.

20.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down.

Compartir: