Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 26 de abril

10.00 h
Na Facultade de Económicas e Empresariais, a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, participa na mesa de inauguración do III Encontro da Industria do Deporte Galego.

10.30 h
Na Alcaldía, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Promoción Económica, María Rozas, reúnense con representantes da Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA). Declaracións ao remate (11 h aprox.)

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
No Polígono Industrial do Tambre (Vía Pasteur, 17), o concelleiro Manuel César asiste ao acto de inauguración da ampliación da planta de lavanderías do Grupo Social ONCE.

13.00 h
No Salón de Plenos, primeira xuntanza da comisión especial para a creación dunha empresa municipal de vivenda. SÓ GRÁFICOS.

14.15 h
No Salón Nobre, recepción ao presidente do grupo de Cidades Patrimonio e alcalde de La Laguna, Luis Yeray Gutiérrez, que asinará no Libro de Honra. SÓ GRÁFICOS.

18.30 h
No salón de actos do IES Xelmírez I, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Educación, Míriam Louzao, asisten á homenaxe a Manuel Portas, exdirector do centro.

19.00 h
No Pazo de Fonseca, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa no acto de entrega do Premio Novoa Santos a Luz Couce.

19.00 h
Os concelleiros Manuel César e Xesús Domínguez asisten á andaina sobre os Mártires de Carral e a Revolución Galega de 1846, organizado pola Agrupación cultural O Galo, coa colaboración do Concello de Santiago. Saída da praza de Cervantes.

Compartir: