Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 3 de marzo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, para presentar a programación con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

17.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste telematicamente á Comisión Executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

18.00 h
En Pontepedriña, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugura o parque infantil da rúa Pérez Lugín.

Compartir: