CONSORCIO

O 7 de agosto remata o prazo de inscrición na nova edición do Curso de Especialización Instrumental da EAEM

20/07/2020

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, organiza unha nova edición do Curso de Especialización Instrumental 2020-2021. Esta iniciativa diríxese a estudantes de música de grao medio ou superior que desexen perfeccionarse nalgún destes instrumentos: violín, viola, violoncello, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón ou percusión. O prazo de inscrición remata o 7 de agosto.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio pon en marcha as obras de mantemento da igrexa de San Frutuoso

20/07/2020

No marco do programa de restauración de monumentos do Consorcio de Santiago, o organismo interadministrativo vai iniciar as obras de mantemento da igrexa de San Frutuoso, por un importe global de 103.363,33 euros. A empresa adxudicataria é Murúa, S.C. Prevese que a intervención estea rematada nun período de catro meses.

Ler máis

ALCALDÍA

"Compostela Photo" enche de arte os portóns de 15 garaxes do Ensanche

17/07/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugurou Compostela Photo, unha iniciativa de Santiago Centro que cubre de arte os portóns de 15 garaxes do Ensanche, grazas a fotografías en gran formato relacionadas co Camiño de Santiago e as peregrinacións. O Concello colabora con esta iniciativa cunha achega de 5.000 euros.

Ler máis

EDUCACIÓN

"Desde 1880", de Pietro Gottusso, gaña a XIII edición do Premio Internacional "Compostela" de Álbums Ilustrados

17/07/2020

O XIII Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados xa ten obra gañadora, despois de que hoxe se coñecera o fallo do xurado desta edición. Trátase da obra presentada baixo o lema Desde 1880, do italiano Pietro Gottusso. O alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Noa Díaz, pasaron esta mañá a saudar o xurado e a coñecer polo miúdo as obras triunfadoras do certame.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello de Santiago lembra á veciñanza a obriga de limpar de maleza os terreos da súa propiedade

17/07/2020

Este domingo, o Concello publicará un bando no que o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, recorda aos veciños e veciñas a obriga de limpar a maleza dos terreos en solos urbanos e núcleos rurais da súa propiedade. Tal como se expresa neste requirimento xeral, en cumprimento do disposto na Lei 3/200, de Prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, "os/as titulares/propietarios/as de parcelas ou terreos situados en solo urbano, urbanizable e núcleo rural teñen o deber de mantelos nun adecuado estado de limpeza...

Ler máis

ALCALDÍA

Sánchez Bugallo asistiu ao acto de entrega dos premios Argos

17/07/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu este venres no Pazo de Fonseca ao acto de entrega da VII edición dos premios Argos – Creando equipos emprendedores, da USC. Esta convocatoria pretende conformar equipos interdisciplinares de persoas emprendedoras, ás que se lles facilita acompañamento e asesoramento no proceso de definición dunha idea de negocio, ademais de avaliar a súa capacidade para chegar a constituír un proxecto empresarial convincente

Ler máis
Compartir: