POLÍTICAS SOCIAIS

Cesión a Abeiro e Arela de dous pisos nas Fontiñas para desenvolver programas de apoio á infancia

24/05/2019

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidades, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, anunciou este venres a cesión de dous pisos no barrio das Fontiñas a dúas entidades sociais que traballan a prol dos dereitos dos nenos e nenas: Abeiro e Arela. Xunto a ela deron conta dos proxectos que se desenvolverán en ditos inmobles os representantes de ambas entidades, Eva Ramos e Xulio Barreiro.

Ler máis

MOBILIDADE

A veciñanza da cidade histórica poderá solicitar a tarxeta de residentes a partir do próximo luns, tras a entrada en vigor da nova ordenanza da ORA

24/05/2019

A partir do luns, a veciñanza da cidade histórica poderá solicitar as tarxetas que lle permitirán estacionar na zona ORA en calidade de residentes, mesmo aquelas persoas que viven en zonas peonís ou con aparcamento restrinxido. Trátase dunha das principais novidades da modificación da ordenanza da ORA, que entrou en vigor tras a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Ler máis

ALCALDÍA

A ruta cultural "As pegadas de Rosalía" xa conta cunha páxina web propia

24/05/2019

Os concellos de Santiago, Ames, Brión e Padrón acaban de poñer en funcionamento a páxina web da ruta cultural "As pegadas de Rosalía". Mediante esta acción búscase que os usuarios poidan acceder de forma directa e fácil a información detallada sobre a ruta rosaliana, así como dar a coñecer as últimas novas e iniciativas organizadas arredor da propia ruta. A web www.rutarosaliana.gal, que xa está dispoñible en galego,...

Ler máis

CONSORCIO

A Escola de Altos Estudos Musicais ofrece este sábado dous concertos do seu alumnado no Auditorio do centro

24/05/2019

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, ofrece mañá sábado, 25 de maio, un dobre concerto no Auditorio do centro. O primeiro, protagonizado pola orquestra de corda dos alumnos/as e profesores/as do Curso de Especialización Instrumental, comezará ás 12:00 horas. E ás 12:40 horas será a quenda dos rapaces e rapazas do Curso de Corda para Nenos/as. A entrada a estas dúas actuacións é libre ata completar o aforo.

Ler máis

DEPORTE

Máis de 400 nenos e nenas participan o sábado en San Lázaro na concentración de escolas de rugby da Federación Galega

23/05/2019

O Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro acolle este sábado a concentración de escolas de rugby da Federación Galega deste deporte, na que participarán máis de 400 nenos e nenas de diversos clubs de Galicia. Na rolda estiveron a concelleira de Deporte, Noa Morales; a presidenta da Asociación Valentes-Club Deportivo Lobos, Beatriz Álvarez Germil, e o adestrador e director da Escola de Rugby da Asociación, Álvaro Caride.

Ler máis

TURISMO

As pernoctacións en Santiago crecen en abril un 19% e logran o seu máximo histórico neste mes

23/05/2019

O pasado mes de abril, os establecementos hoteleiros de Santiago de Compostela rexistraron 126.406 pernoctacións, segundo os datos publicados hoxe polo INE. É a mellor cifra de pernoctacións na cidade nun mes de abril, superando incluso as pernoctacións do Ano Santo 2010 no mesmo mes. Esta cifra foi posible grazas a un crecemento do 19,16% respecto do mesmo mes do ano pasado.

Ler máis
Compartir: