ALCALDÍA

O primeiro plan de contratación municipal, por un valor de case 800 millóns de euros, contribuirá á reactivación económica do concello

05/06/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local, Marta Abal, presentaron o primeiro Plan de Contratación do Concello de Santiago, que recompila, nun único documento, as previsións contractuais dos distintos servizos municipais. Está cantidade inclúe o valor estimado do contrato, sumando a duración do mesmo e as prórrogas, e sen incluír o IVE. Segundo indicou o rexedor, este plan influirá de xeito positivo na...

Ler máis

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

O Concello abre un formulario de comunicación das cacharelas privadas

05/06/2020

O Concello de Santiago, a través da web municipal, vén de habilitar un formulario a través do cal se poden comunicar as cacharelas e sardiñadas de San Xoán. Neste espazo tamén se poden consultar as normas ou descargar o impreso de solicitude, por se a comunicación se quere realizar a través do Rexistro. Este ano, a causa do COVID-19, non están permitidas as cacharelas e sardiñadas en terreos públicos.

Ler máis

EDUSI

Últimos días para a presentación de ofertas para os traballos de sondaxe e de acondicionamento interior do Castelo da Rocha Forte

05/06/2020

Continúa aberto o procedemento de licitación de dúas actuacións no Castelo da Rocha Forte: un para a realización de sondaxes arqueolóxicas e outro para o acondicionamento interior do xacemento. A primeira ten como data límite o 11 de xuño, mentres que a segunda remata o prazo de presentación de ofertas o 18 de xuño. Ambas operacións forman parte da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado (EDUSI) do Concello de Santiago, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Ler máis
Compartir: