Este formulario de solicitude estará activado ata as 00:00 horas do 21 de xuño


Dende esta aplicación poderá comunicar a realización de cacharelas/sardiñadas que se leven a cabo en terreos privados. Non están permitidas as cacharelas/sardiñadas en terreos públicos. A data de inicio da presentación será dende as 00:00 horas do día 8 de xuño de 2021 ata as 00:00 horas do 21 de xuño de 2021.

Para a celebración das Cacharelas/Sardiñadas en terreos de propiedade privada deberán presentar comunicación previa da actividade a través deste formulario. Aquí pode consultar as normas.

A continuación, deberá cubrir o formulario de comunicación de cacharelas/sardiñadas para terreos privados e premer o botón enviar.

Ao rematar recibirá unha mensaxe de recepción da súa solicitude no Dpto. Municipal de Tráfico e Seguridade Cidadán, sendo suficiente este trámite para a realización do evento.


Solicitante

Representante

Datos da Cacharela

    
    


- Esta comunicación é documentación suficiente para poder leva a cabo a actividade; poren non eximirá en ningún caso das responsabilidades por danos ou perdas a que houber lugar no caso de que concorrera neglixencia ou imprudencia.
- A fogueira gardará as distancias mínimas marcadas polo Concello, con respecto a vivendas, vehículos, instalacións, tendidos eléctricos ou telefónicos e zonas vexetais susceptibles de ser queimadas.
- A fogueira permanecerá vixiada polos solicitantes ata a súa total extinción que deberá ser asegurada empapando os restos totalmente con auga.
- No caso de que se levante vento que poida dificultar a vixilancia e extinción da fogueira esta deberá suspenderse ou apagarse de inmediato.
- O/A solicitante será sempre o responsable dos danos e prexuízos que a fogueira ocasione.

O solicitante manifesta coñecer e responsabilizase de cumprir as normas.


Consonte o disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os seus datos serán tratados de xeito confidencial. Poderán ser incorporados aos ficheiros do Concello de Santiago relacionados con este trámite, coa finalidade de utilizalos para as xestións municipais derivadas dos procedementos e consultas que inicia o interesado con esta solicitude. En calquera momento poderá exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición comunicándoo mediante escrito que deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello.

Compartir: