Os avisos serven para dar a coñecer os comunicados de carácter urxente, licitacións abertas, rúas cortadas ao tráfico e desvíos alternativos.



MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa do Hórreo (a partir do 7 novembro)

O vindeiro luns día 7 de novembro darán comezo as obras de construción da nova rotonda da rúa do Hórreo, situada á altura da rúa de San Pedro de Mezonzo.

Os traballos terán unha duración aproximada dunha semana, condicionada pola climatoloxia para a súa terminación, tanto das obras como da sinalización horizontal e vertical.

O tráfico quedará afectado de forma que os dous carrís de subida e os dous de baixada pasarán a un só carril en cada sentido no tramo afectado polas obras.

O Concello de Santiago de Compostela prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa do Pombal (a partir do 8 de novembro)

Debido aos traballos de mellora do último tramo do muro da rúa do Pombal, dende o vindeiro martes día 8 de novembro, o carril de subida desta rúa vai quedar cortado ó tráfico.

O corte á circulación será efectivo dende as 9,30 horas do día 8 e terá unha duración aproximada de 30 días. Os vehículos, incluidas as liñas do transporte urbano, desviaranse no cruce cor rúa de Galeras polas rúas de Poza de Bar e San Lourenzo cara o Campus Universitario.

Transporte público

Debido ao peche ao tráfico en sentido de subida da rúa do Pombal, as liñas indicadas de seguido realizarán un percorrido alternativo, a partir das 9:30 do vindeiro martes día 8 de novembro e polo tempo que duren as obras.

Desvíos:

*Liña 4, traxecto Romaño – As Cancelas.

*Liña 9, traxecto Casas Novas – Cidade da Cultura.

*Liña C4, circulando desde Galeras a hospitais.

*Liña P1, traxecto Folgoso – San Caetano.

*Liña P7, traxectos desde Grixoa, Peregrina e Pardaces a Porta do Camiño e San Caetano.

Estas liñas nos traxectos indicados desviaranse por Poza de Bar, avda. das Burgas, avda. da Coruña e Rosalía de Castro.

Paradas suprimidas:

Quedará suprimida a parada 553, San Clemente (Alameda, en sentido a Senra) para todas esas liñas, e a maiores, a parada 113, Xoán Carlos I (igrexa do Pilar) para a liña C4.

Paradas alternativas no desvío:

As liñas 4, 9, P1 e P7 realizarán como paradas alternativas:

- 78, avda. da Coruña (cruce Feáns)

- 112, avda. Xoán Carlos I, sentido Senra

A liña C4 realizará soamente a parada 78, avda. da Coruña (cruce Feáns).

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Desvío na liña P8 por corte de tráfico en Villestro (a partir do 2 de novembro)

Con motivo das obras que se levarán a cabo na zona de Villestro, a liña P8 rematará antes o seu percorrido:

A liña rematará o percorrido antes das obras da ponte na recta de Feáns, sendo a súa derradeira parada a 235.

Quedarán suprimidas mentres duren as obras as seguintes paradas, nos dous sentidos de circulación:

-233 e 236, Feáns

-257 e 258, Fraíz de Arriba

-427, Reborido

MOBILIDADE

Servizo de control do estacionamento: control da zona 3 de residentes

Na semana do 10 ao 16 de outubro, o servizo de control de estacionamento continuará cos labores informativos iniciados en días pasados no estacionamento da zona 3 (zona verde destinada a residentes), que abrangue o entorno da rúa de San Pedro, o estacionamento de Altiboia, Triacastela e zona de Concheiros. Así, a partir do vindeiro luns 17 de outubro o servizo de control integrará a zona 3 de maneira efectiva.

Lémbrase a todos os veciños e veciñas con tarxeta de residentes que actualicen e revisen a súa condición de residentes. Finalmente, recódase a necesidade dun bo uso das prazas de aparcamento express.

URBANISMO

INSTALACIÓN DA REDE DE DISPERSIÓN DA FTTH (Rede de Fibra Óptica na Cidade Histórica)

NOTA INFORMATIVA:

INSTALACIÓN DA REDE DE DISPERSIÓN DA FTTH
(Rede de Fibra Óptica na Cidade Histórica)


As operadoras de telefonía están a despregar unha rede de distribución de fibra óptica FTTH en todo o ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago de Compostela (PE1). A instalación da rede de distribución (RD) realízase polas fachadas dos inmobles e está constituída por cable e caixas terminais ópticas (CTO). O trazado polas fachadas faise consonte o criterio de mínimo impacto visual no patrimonio histórico. Esta rede compártese por todas as empresas ou operadores de telefonía interesados en ofrecer os seus servizos na Cidade Histórica.

Para executar a rede de dispersión (acometidas a cliente), todos estes operadores deberan cumprir as condicións que seguen:

Cuestións xerais
- Evitarase a disposición de cableado sobre elementos catalogados de cantería, como molduras, cornixas, selos, escudos, lousas de balcóns e os seus apoios, recercados do ocos etc., e tamén sobre os números de policía.
- Así mesmo, evitarase a afectación de elementos interiores catalogados, como carpinterías de portas e ventás de madeira, vidreiras, chanzos e varandas, solados, zócolos de madeira, artesoados, rosetóns e molduras nos ceos rasos etc.
- O aparafusado que sexa necesario na cantería realizarase preferentemente nas súas xuntas.

Punto de acometida ao edificio
- Todas as altas deberán realizarse polo mesmo punto de acometida ao portal do edificio.
- Con carácter xeral, empregaranse os puntos de acceso aos portais xa existentes, salvo que afecten neqativamente a algún elemento catalogado de cantería. Neses casos será necesario modificar o acceso executando unha nova perforación nalgunha zona da fachada onde se reduza a afectación.
- Evitaranse as carpinterías dos ocos como puntos de acometida.
- Non será autorizable o acceso a cada unha das vivendas ou locais a través das súas fachadas exteriores.

Tramos desde CTO a puntos de acometida
- O tendido desde a CTO ata o punto de acometida realizarase obrigatoriamente segundo o deseño reflectido na reportaxe fotográfica da actuación presentada polo operador correspondente para a solicitude de licenza e que foi autorizada polo Concello.
- Este trazado escollerase en función das características particulares de cada edificio catalogado e de acordo co criterio de mínimo impacto visual.
- O tendido do cable de acometida compartirá na súa maior parte o percorrido da rede de distribución de fibra óptica. Neste caso, o cable suxeitarase con bridas a esta rede, sen aparafusar á fachada.
- Os percorridos non compartidos realizaranse con trazados de forma ortogonal. Todos os cables de acometida terán que disporse unificados; o primeiro cable de alta que se execute nun edificio poderá ancorarse con parafusos á fachada e os seguintes irán suxeitos con bridas a este.
- Rede interior do edificio
Recoméndase que os tendidos das altas se dispoñan unificadas tamén polo interior do edificio.
No tendido interior empregaranse con carácter xeral os elementos comúns do edificio como condutos e patinillos de instalacións existentes, escaleiras e patios Interiores.

Comunicación da intención de realizar un alta
- As empresas instaladoras deberán comunicar cunha antelación mínima de 12 horas a súa intención de realizar cada acometida a cliente ou alta para que poida ser supervisada por parte dos servicios municipais.
- O Consorcio de Santiago realiza o apoio técnico a todo o despregamento, polo que esta comunicación deberá enviarse ao enderezo electrónico oficinatecnica@consorciodesantiago.org Para calquera dúbida tamén poden chamar ao teléfono 981 574 700. Unha vez realizada esta comunicación, a Oficina Técnica do Consorcio facilitará a reportaxe fotográfica do operador correspondente.

Direccións relacionadas

MOBILIDADE

Corte de tráfico no rueiro de Figueiriñas a partir do 3 de outubro

No marco do proceso da implantación do servizo de fibra óptica no ámbito do PE1, pecharase ao tráfico o rueiro de Figueiriñas dende o luns 3 de outubro e durante 15 días.

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Modificación nas liñas P6 e 13 (a partir do luns 19 de setembro)

A partir do luns 19 de setembro, modifícase o seguinte horario na liña P6:

*A saída do polígono do Tambre das 8:05 pasará a realizarse ás 8:00 (de luns a venres laborables).

O horario dos sábados mantense como na actualidade.

Tamén desde o vindeiro luns, os traxectos da liña 13 entre Xeneral Pardiñas e Belvís, despois da rúa Virxe da Cerca, continuarán pola rúa de San Pedro, Calzada de San Pedro e rúa de Belvís, para acceder novamente a Quiroga Palacios.

As paradas a realizar despois da Virxe da Cerca son as seguintes:

*Porta do Camiño (inicio da rúa de San Pedro)
*Rúa de San Pedro, igrexa (confluencia Calzada de San Pedro)
*Calzada de San Pedro (Don Bosco)
*Rúa de Belvís (Convento de Belvís)
*Avda. Teodomiro (Seminario Menor)
*Quiroga Palacios nº 10
*Quiroga Palacios nº 54

A liña, por tanto, deixará de realizar o desvío actual nese sentido de circulación por San Roque, Pastoriza e avda. de Lugo.

MOBILIDADE

Cortes de tráfico en Lamas de Abade e en Pontepedriña a partir do martes 12 de xullo

A praza donde conflúen as rúas de Lamas de Abade, da Chaparra e Divina Pastora, permanecerá pechada ao tráfico a partir de mañá martes 12 de xullo por mor das obras de reurbanización que se van a executar nese punto. A duración aproximada dos traballos será dun mes.

Esta intervención conleva os seguintes cambios na circulación da contorna:

- A rúa da Chaparra quedará cortada ao tráfico dende o cruce coa rúa de Alfredo Vicenti. A circulación aos centros de ensino e á rúa Divina Pastora desviarase pola rúa Alfredo Vicenti cara a praza de Federica Montseny e dende este punto poderase acceder á rúa da Divina Pastora.
- A baixada pola rua Divina Pastora quedará desviada facendo o percorrido anterior á inversa.
- Os residentes da rúa de Lamas de Abade accederán ás suas vivendas a través da rúa de Alfredo Vicenti.
- O acceso provisional ao CIFP Compostela farase dende a rúa Divina Pastora.

Pontepedriña

Tamén desde mañá martes 12 de xullo e ata o xoves 14, a pista de terra que arranca dende o aparcadoiro regulado polo sistema ORA, situado en Pontepedriña, debaixo da ponte do tren, ata a rúa do Penedo, vai quedar cortada debido aos traballos de reparación da mesma.

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Servizos de transporte para o ciclo "Atardecer no Gaiás" na Cidade da Cultura (xoves e venres dos meses de xullo e agosto)

Con motivo dos concertos que terán lugar na Cidade da Cultura, enmarcados no ciclo "Atardecer no Gaiás", os xoves e venres dos meses de xullo (días 7, 8, 14, 15, 21, 22, 28 e 29) e agosto (días 4, 5, 11, 12, 18, 19, 25 e 26), reforzaranse os servizos de trasporte.

O acceso á Cidade da Cultura pódese realizar coa liña 9 nos horarios dispoñibles na web de Tussa. Para a volta, tras a finalización dos concertos, a saída da liña C11 ás 22:33 do C.C. As Cancelas fará prolongación á Cidade da Cultura saíndo ás 22:45, e continuando o seu percorrido habitual cara o centro.

MOBILIDADE

Funcionamento do transporte urbano na rúa dos Concheiros

Por mor das deficiencias observadas no funcionamento dos colectores soterrados da rúa dos Concheiros, estes non poderán estar operativos ata que sexan subsanadas pola empresa instaladora antes da súa posta en marcha efectiva. Unha vez se resolvan e se retiren os colectores provisionais, comezará a funcionar o servizo de transporte público pola devandita rúa.

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.


Compartir: