Os avisos serven para dar a coñecer os comunicados de carácter urxente, licitacións abertas, rúas cortadas ao tráfico e desvíos alternativos.



CENTROS SOCIOCULTURAIS

Adiamento da sesión de cine ao aire libre da Semana Cultural de Conxo por mor da previsión metereolóxica (8 de setembro)

Por mor da previsión de precipitacións para esta noite, a proxección da película ¡A Todo Tren! Destino Asturias (2021), prevista para as 21:45 na pista deportiva de Cornes, será adiada a unha nova data que se anunciará nos vindeiros días.

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estes cambios lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Cortes de tráfico en varias rúas debido á rodaxe da serie "El caso Asunta" (12 e 13 de setembro)

O vindeiro martes 12 de setembro, as rúas Xeneral Pardiñas, República de El Salvador, República Arxentina e Doutor Teixeiro sufrirán restricións na circulación por mor da rodaxe da serie "El caso Asunta". O mércores 13 de setembro os cortes afectarán ás rúas Monte dos Postes, Lisboa, Berlín e Viena, no barrio das Fontiñas.

MARTES 12

- Cortes intermitentes de tráfico (3 a 5 minutos) nas rúas Xeneral Pardiñas (no cruzamento coa República Arxentina) e en República de El Salvador (no cruzamento coa rúa Doutor Teixeiro), dende as 8:00 horas ata as 10:00 horas.
- Corte total de tráfico na rúa República Arxentina, (no cruzamento coa rúa San Pedro de Mezonzo) en na rúa Alfredo Brañas (no cruzamento coa República Salvador), dende as 10:00 horas ata 12:00 horas.
- Cortes intermitentes de tráfico (3 a 5 minutos) na rúa Doutor Teixeiro (no cruzamento coa rúa República Salvador), dende as 12:00 horas ata as 15:00 horas.
- Cortes intermitentes de tráfico (5 a 10 minutos) na rúa do Hórreo sentido avda. Lugo, cara a rotonda de Galuresa, por mor da gravación do percorrido cun vehículo "CAMARA CAR", dende as 16:00 horas ata as 19:00 horas.

MÉRCORES 13

- Corte TOTAL de tráfico na rúa Monte dos Postes, Lisboa, Rúa Berlín e rúa Viena, gravación do percorrido con vehículo "CAMARA CAR", dende as 9:15 horas ata as 11:15 horas.
- Corte TOTAL da rúa Viena dende as 11:15 horas ata as 17:00 horas.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Servizos de reforzo na liña 9 con motivo da Cidade Imaxinaria na CDC (sábado 9 de setembro)

Con motivo do evento 'Cidade Imaxinaria' na Cidade da Cultura, este sábado 9 de setembro a liña 9 contará cós seguintes servizos:

Servizos de mañá:

IDA Casas Novas – Cidade da Cultura: 8:30 9:30 10:30 11:00 11:30 12:00 12:30 13:00 13:30 14:00

VOLTA Cidade da Cultura – Casas Novas: 9:00 10:00 11:00 11:30 12:00 12:30 13:00 13:30

Servizo especial de tarde, con percorrido da liña 9 ata a praza de Galicia:

IDA Saídas da pza. de Galicia (parada 410, sentido sur): 14:20 15:00 15:40 16:20 17:00 17:40 18:20 19:00 19:40 20:20 21:00

Percorrido da liña 9 desde pza. Galicia (parada 410) – Ensinanza - Virxe da Cerca - S. Roque – Pastoriza – rúa Londres - Fontes do Sar – Piscinas - CDC 1 – CDC

VOLTA Saídas da Cidade da Cultura: 14:00 14:40 15:20 16:00 16:40 17:20 18:00 18:40 19:20 20:00 20:40 21:20

Percorrido da liña 9 por Piscinas - Fontes do Sar – Londres – Lisboa – Berlín – Concheiros - Cruceiro S. Pedro – Angustia – Bonaval - Valle Inclán (La Salle) - Virxe da Cerca - Fonte S. Antonio - Pza. Galicia (parada 410).

MOBILIDADE

Corte de tráfico na avenida de Xoán XXIII (7 de setembro)

Mañá, xoves 7 de setembro, producirase o corte da avenida de Xoán XXIII, no cruzamento coa rúa dos Castiñeiros, por mor da instalación dun guindastre móbil para unha obra de carácter particular, no horario de 8.00 h a 12.00 h, aproximadamente.

O Concello de Santiago pregalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Modificacións no transporte urbano por mor da reapertura da rúa de Rodríguez de Viguri

A partir do martes 5 de setembro, coa reapertura ao tráfico na avda. Rodríguez de Viguri, as liñas 6, 6A, 9, C4, C6 e P5 voltarán realizar os seus percorridos habituais pola zona:

Non obstante, as paradas (533) avda. Rodríguez de Viguri, sentido baixada (lateral antiga estación), e (108) avda. Rodríguez de Viguri nº 16, sentido subida, continuarán anuladas.
As paradas alternativas a estas serán as seguintes:

*Sentido baixada (cara a rotonda con Monte dos Postes):

1.LIÑAS 6, 6A e P5 – sentido San Marcos e AEROPORTO (6, 6A) – Bando e Vilamaior (P5). Realizarán como parada alternativa a parada temporal na rúa Monte dos Postes, despois da rotonda con Rodríguez de Viguri (beirarrúa do conservatorio).

Ao non facer xa o desvío e retomar o seu itinerario, estas liñas non realizarán a parada de San Caetano (igrexa) a partir do martes 5.

2.LIÑAS 9 e C6 – sentido Cidade da Cultura (L9) – Pol. Costa Vella (C6). Quedará suprimida a parada (533) avda. Rodriguez de Viguri, lateral antiga estación. Os usuarios poden dirixirse á anterior ou posterior parada de cada liña: (47) Anxo Casal (st. praza) ou (535) avda. Rodríguez de Viguri, desvío Concheiros.

*Sentido subida (cara a rotonda con Camiño Francés):

LIÑAS 6, 6A e P5 – sentido centro cidade. Realizarán como parada alternativa a parada temporal na rúa Monte dos Postes, antes de chegar á rotonda con Rodríguez de Viguri (beirarrúa fronte ao conservatorio).

O Concello de Santiago pregalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Cortes de tráfico puntuais debido ás obras na praza de León a partir do 10 de xullo

A partir do vindeiro luns, 10 de xullo, darán comezo as obras de urbanización e humanización da praza de León no barrio da Pontepedriña coa que se levará a cabo a peonalización e mellora da accesibilidade da zona, incluíndo a instalación dun parque infantil e o redeseño da pavimentación e axardiñamento.

Durante os catro meses estimados de duración dos traballos, eliminarase unha das franxas dedicadas ao estacionamento da praza para habilitar un carril especial que permitirá o paso dos vehículos, polo que se manterá a circulación normalmente. Nas rúas da contorna da praza, produciranse cortes de tráfico puntuais durante a duración das obras.

Trátase dunha actuación vinculada a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado de Santiago de Compostela (EDUSI - REVIVE COMPOSTELA). Encádrase dentro do Vector Estrátexico CI "Compostela Inclusiva", na Liña de Actuación nº 5: "Recuperación do espazo público e mellora do entorno".

O Concello de Santiago de Compostela prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións no tráfico lle poidan ocasionar.

SERVIZOS BÁSICOS COMUNITARIOS

Horario de verán para a recollida de lixo na cidade histórica e cambio de emprazamento da illa de quita e pon da praza do Toural

Dende este xoves 6 de xullo varíase o horario de colocación das illas de quita e pon de recollida de lixo domiciliario e lixo miúdo de oficinas e comercio.

As illas comezarán a colocarse nos seus respectivos emprazamentos para estar dispoñibles para o depósito de residuos a partires das 20:00 h.

Por outra banda, dada a multitude de eventos previstos durante o verán trasládase temporalmente a illa de reciclaxe da praza do Toural á praza de Fuenterrabía.

Así pois, as illas estarán a disposición da veciñanza dende este xoves 6 de xullo e a partires das 20:00 horas nas seguintes localizacións:

1. Praza da Algalia de Abaixo
2. Rúa Salvador Parga
3. Rúa de Santo Agostiño - Ameas
4. Praza de Mazarelos
5. Praza de Cervantes
6. Praza de San Martiño Pinario
7. Praza de Praterías
8. Praza de Fuenterrabía
9. Travesa de Fonseca
10.Rúa Carretas

As illas de reciclaxe de quita e pon son espazos temporais para depositar os residuos procedente das vivendas e os residuos miúdos de oficinas e comercio, e que están en funcionamento en diversos puntos da zona vella cun amplo horario, que vai dende as 20:00 ás 23:30 horas.

Nesta franxa temporal, a veciñanza pode depositar separadamente as diferentes fraccións de residuos domiciliarios: papel e cartón, vidro, envases lixeiros, orgánica e resto.

MOBILIDADE

Servizo de transporte para o ciclo "Atardecer no Gaiás" na Cidade da Cultura

O acceso á Cidade da Cultura pódese realizar coa liña 9.

Para a volta tras a finalización dos concertos, a saída da liña C11 ás 22:33 do Camiño Francés fará prolongación saíndo da Cidade da Cultura ás 22:45 e continuando o seu percorrido habitual cara o centro.

Días:

-Mes de xullo de 2023: días 5, 6, 7, 13, 14, 20, 21, 27 e 28.
-Mes de agosto de 2023: días 3, 4, 10, 11, 17, 18, 24, 25 e 30.

Horarios e itinerario da liña na web de Tussa.

MOBILIDADE

Cambio de horario para solicitar a renovación da tarxeta bonobús a partir do 1 de xullo

Debido aos labores de actualización das ferramentas informáticas para a solicitude de renovación da tarxeta bonobús do Concello de Santiago e por necesidades do servizo, a partir do 1 de xullo e ata o 1 de setembro, o horario de presentación de solicitudes e renovación de tarxetas bonobús será os martes e xoves de 9 a 14 horas.

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Desvío na liña P1 do transporte urbano (a partir do mércores 7 de xuño)

Con motivo dunhas obras no cruzamento entre Cruceiro do Gaio e a Calzada do Carme de Abaixo, a liña P1 realizará desvío nos traxectos en sentido Figueiras:

*P1 San Caetano - Figueiras - Folgoso: desde a rúa do Pombal desviarase por Galeras, Santa Isabel e Monte Pío, retomando o seu itinerario habitual na parada 162, Carme de Abaixo (c. Monte Pío).

Quedarán anuladas neste sentido de circulación as paradas: 224, Cruceiro do Gaio (acceso Carme de Abaixo) e 164, Carme de Abaixo 2. A liña realizará como parada alternativa a Cruceiro do Gaio a situada en Galeras nº 16A.

O traxecto desde Folgoso a San Caetano realizarase polo itinerario habitual sen desvíos.


Compartir: