Queixas e suxestións
Pode indicarnos de xeito formal as deficiencias e/ou as propostas de mellora sobre o funcionamento de calquera servizo municipal. A Oficina de Queixas e suxestións traballa para que a Comisións especial de Reclamacións e Suxestións analice e resolva as deficiencias nos servizos municipais.
* Suxestión: iniciativas e propostas para mellorar a calidade dos servizos municipais.
Non se poden presentar por este medio:
- Solicitudes de información
- Peticións administrativas
- Recursos ou alegacións
(*)Non teñen a consideración de recurso administrativo, nin interrompe prazos para a tramitación de procedementos administrativos
Liña directa coa alcaldesa
Pode dirixirse directamente á alcaldesa para solicitarlle audiencia, consultarlle asuntos que afecten a toda a cidade ou para dar a súa opinión sobre calquera tema que afecte ao noso municipio.
Incidencias
Comunica ou denuncia as incidencias que se producen na nosa cidade: podes poñer en coñecemento dos responsables municipais calquera incidencia que atopes na cidade, de xeito rápido e fácil.
Considérarase incidencia calquera aviso de necesidade de arranxo puntual dalgún elemento dun servizo básico municipal: alumeado público, transporte, limpeza da vía pública, elementos nos parques, deterioro das vías ou beirarrúas…
Solicitude de información
Información xeral sobre tramitación administrativa do Concello de Santiago, normativa municipal, convocatorias, anuncios municipais...