Concelleiro responsable de Mobilidade, Seguridade Cidadá, Barrios, Obras e Relacións Veciñais, con competencias en Policía Local, Bombeiros, Protección Civil, Tráfico, Grúa e ORA e Festas. Cuarto tenente de alcalde.
Nado no barrio de San Pedro en 1969. Estudou en La Salle e traballou, durante vinte anos, en Autos Lobelle, como responsable de Calidade e Medio Ambiente. Foi xerente do Club Lobelle Fútbol Sala entre 2002 e 2011. Formou parte da lista de Sánchez Bugallo en 2011, e dende aquela é concelleiro.
Mobilidade
Praza de Camilo Díaz Baliño, s/n (Estación de Autobuses)
Tel.: 981 568 210
Seguridade Cidadá e Tráfico
Pazo de Raxoi
Tel.: 981 542321
Brigada de Vías e Obras
Polígono do Tambre. Vía Pasteur, 14.
Tel.: 619 811 971
Obras e Proxectos
Bernardo Barreiro de Vázquez Varela, 12-14 1º
Tel.: 981 542 422
Relacións Veciñais
Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 (antiga estación de Cornes)
Tel.: 981 542 350

Dende o Concello prímanse os movementos das persoas, buscando a ampliación do espazo peonil e reducindo a presión do vehículo privado. Apóstase por un concello inclusivo e igualitario pensado para persoas de todas as idades, contemplando todos os medios de transporte, públicos e privados e a súa intermodalidade, unindo os diferentes medios de curto e longo percorrido.
Este Departamento realiza estudios co fin de definir criterios de equilibrio entre o tráfico rodado e o peonil en coordinación con outros departamentos municipais. A este Departamento corresponde a elaboración do Plan de Mobilidade.
Encárgase do control, xestión e resolución de materias relacionadas co transporte colectivo urbano e interurbano dentro do termo municipal. Ocúpase da relación coa empresa municipal Tussa, creada para executar as políticas de transporte público urbano en Santiago de Compostela.
Ten as facultades de supervisar e controlar as ordes e instrucións que deben cumprir as empresas concesionarias dependentes da área atendendo á lexislación xeral e ao contido establecido nos pregos de condicións.

Seguridade Cidadá
A Policía Local, o corpo de Bombeiros e o equipo de Protección Civil son parte dos servizos municipais destinados a salvagardar a seguridade dos composteláns e das compostelás. O Goberno municipal procura a creación de políticas transversais que enfronten as causas da inseguridade a través da acción converxente deses tres equipos de seguridade.
Para conseguir este obxectivo fundamental, centrado en ofrecer unha maior seguridade e benestar e tamén en aproximar as forzas de seguridade locais á cidadanía, o Goberno baséase nos principios de prevención, proximidade co sociedade, participación cidadá, coordinación, calidade no servizo e solidariedade para afrontar as causas sociais que xeran a inseguridade da cidadanía.
A Concellaría encárgase de establecer as directrices xerais de circulación e transporte e de ordenar e regular o uso e utilización normal das vías públicas para a optimización do paso de vehículos e peóns.
Tamén dita normas reguladoras de circulación, sinalización e estacionamento de transporte de viaxeiros e mercadorías e concede as autorizacións para a ocupación temporal da vía pública e de entrada de vehículos ás zonas de acceso restrinxido como o Casco Vello.
Este Departamento ten igualmente como función a inspección do funcionamento dos servizos xestionados polas empresas concesionarias para garantir o cumprimento dos contratos e o óptimo funcionamento da prestación. Tal é o caso dos servizos de Grúa e ORA.

O Concello quere dar resposta á transversalidade que en esencia ten a democracia participativa. Entre as funcións deste departamento está velar polo correcto funcionamento das canles de participación establecidas regulamentariamente e polas axeitadas relacións entre os órganos de participación cidadá e o Concello.
Trata de garantir a participación e a decisión da veciñanza na xestión dos asuntos do Concello, dende un enfoque de equidade, solidariedade, cooperación e inclusión social. Así, canaliza as peticións e consultas da cidadanía e dos colectivos e entidades, rexistrando as súas peticións, queixas, suxestións, iniciativas e propostas, realizando igualmente os trámites administrativos necesarios. É o departamento encargado de habilitar as diversas fórmulas para dinamizar a participación da cidadanía.

Dende esta área diríxese tamén a Brigada de Vías e Obras, encargada de labores como a reparación e reconstrución de beirarrúas, a reparación e pavimentación de rúas, a roza de maleza en pistas municipais, o mantemento de edificios municipais e outras execucións subsidiarias.
Proxectos e Obras
Este Departamento tamén se encarga de elaborar proxectos de mantemento e conservación de vieiros, da apertura de novas rúas, da construción das redes de infraestruturas de titularidade municipal. Ocúpase da autorización de obras e as súas funcións vincúlanse estreitamente coa dirección e supervisión das obras e proxectos de iniciativa pública.
Servizos
Sociedade Anónima Municipal de Transporte (Tussa)
Proxectos e Obras
Participación Cidadá
Tráfico
Brigada Municipal de Vías e Obras
Policía Local
Noticias
- A V Gala pola Seguridade Viaria pecha as actividades de Educación Viaria cos escolares de Compostela 02/06/2023
- Aberto ata o 15 de xuño o prazo para presentar ofertas á licitación para a restauración do entorno dos ríos Sarela, Sar e Vilar 01/06/2023
- Aprobado o proxecto de acondicionamiento do edificio que acollerá o Centro de Interpretación Rupestre de Villestro 27/05/2023
Avisos
- Cambios no tráfico na zona de Conxo 26/10/2020
- Servizos de reforzo no transporte urbano o sábado 31 de outubro e o domingo 1 de novembro de 2020 29/10/2020
- Corta da rúa da Rapa da Folla 18/03/2021
- Corte de tráfico na rúa da Ameixaga 29/06/2021
- Ampliación de horario no servizo de transporte público á Cidade da Cultura (sábado 10 e domingo 11 de xullo) 08/07/2021
- Corte de tráfico na travesa de Vista Alegre 22/07/2021
- Corte de tráfico nas rúas Lagartos,Triacastela e Calzada de Santo Antonio 15/12/2021
- Sábado, 14 de agosto: ampliación de horario no servizo de transporte público á Cidade da Cultura por mor da vacinación 17/02/2022
- Corte de tráfico no rueiro de Figueiriñas a partir do 3 de outubro 30/09/2022