Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 27 de xaneiro

12.00 h
No parque Eugenio Granell, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, intervén na ofrenda floral a José Martí con motivo do 171 aniversario do seu nacemento, a carón da súa estatua.

17.00 h
Na praza do Obradoiro, recepción ás persoas do Club de Senderismo de ALUMNI USC que veñen de rematar o Camiño Portugués.

18.30 h
No Teatro Principal, representación de ‘Solo’ de Roi Borrallas, un espectáculo en familia ao abeiro da programación de artes escénicas.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, representación de Romeo y Julieta Despiertan, de Entrecajas Producciones Teatrales e Teatro Español, protagonizada por Ana Belén e Jesús Noguero.

Compartir: