Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 11 de maio

10.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asinan o convenio para regular a encomenda de xestión á institución provincial da execución das obras da primeira fase das obras da Vía Verde Santiago-Tambre-Lengüelle no termo municipal de Santiago de Compostela

11.00 h
Na rúa de Queixume dos Pinos, 4, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visita a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM).

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o ciclo de teatro Fegateatro. Na rolda tamén estarán a presidenta e o tesoureiro de Fegatea (Federación Galega de Teatro Afeccionado), Consuelo Pampillón Alonso e Manuel Dasilva Díaz, entidade organizadora.

13.00 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visita a mesa petitoria da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Santiago con motivo da celebración do Día da Cuestación.

Compartir: