Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 10 de maio

12.30 h
Na sede do Consorcio, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside a Comisión executiva da devandita entidade.

13.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

1. ASISTENCIA PLENOS. Referencia: Referencia: 2023/00021371P.
Aprobación, se procede, das actas correspondentes ás sesións ordinaria do día 30 de marzo e extraordinaria do día 29 de abril, ambas de 2023.
2. ALCALDÍA.
Nomear fillo predilecto da cidade ao doctor Ramón Baltar.
3. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023/00014457V.
Aprobación de expediente de suplemento de crédito 2023-SUPLE-02, por importe 42.701,00 €, financiado con baixas por anulación, para dispoñer no exercicio actual da achega municipal necesaria para a execución da nova operación EDUSI denominada "Rutas Campus Stellae: Miradoiro de paisaxe do Pedroso".
4. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023/00020454B.
Aprobación do expediente de suplemento de crédito 2023-SUPLE-03, por importe de 2.803.055,33 € para dar cobertura a necesidades de persoal .
5. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023/00019732W.
Aprobación do expediente de crédito extraordinario 2023-CREXT-02, por importe de 2.073.336,93 €, financiado co RLTGX 2022, para atender o saldo de OPAS, o saldo de PPA e o saldo de pagos efectuados mediante adeudo directo en contas bancarias de titularidade municipal.
6. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023/00019601D.
Aprobación do expediente de crédito extraordinario 2023-CREXT-03, por importe de 735.008,41 € para o pagamento de sentenzas.
7. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023/00020649E.
Aprobación dos expedientes de crédito extraordinario 2023-CREXT-04, por importe 2.852.609,83 € e de suplemento de crédito 2023-SUPLE-04, por importe de 4.049.942,04 €, financiados con remanente líquido de tesourería para gastos xerais.
8. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2022/00037111C.
Rectificación de erro aritmético do importe dos reparos suspensivos aos gastos domiciliados de combustible e peaxe do ano 2021 contido no acordo do expediente 2022-CREXT-13.
9. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE.
Aprobación do expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos 2023-REC-05, para aprobar facturas reflectidas na conta 413, por importe de 211.118,13 €.
10. XESTIÓN URBANÍSTICA. Referencia: 2023/00012359N.
Prórroga e modificación do Convenio polo que se establecen as bases de cooperación entre a Deputación Provincial da Coruña e os concellos de Ames, Brión, Santiago de Compostela, Teo e Val do Dubra para regular o proxecto "Parque Compostela Rupestre".
11. XESTIÓN URBANÍSTICA. Referencia: 2023/00016988H.
Creación do Consello municipal da cidade histórica.
12. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023/00013938G.
Dar conta da liquidación do orzamento de 2022.
13. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023/00013938G.
Dar conta do informe de avaliación do cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria e límite da débeda do ano 2022.
14. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE.
Dar conta do informe de intervención núm. 502/2023, de resultados obtidos no control das contas a xustificar e anticipos de caixa fixa. Exercicio económico de 2022.
15. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023/00021670P.
Dar conta da execución orzamentaria de 2023 (primeiro trimestre).

20.45 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración do 50º Congreso Nacional de Dermatoloxía e Venereoloxía.

Compartir: