Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 5 de xaneiro

10.00 h
No Auditorio de Galicia, ensaio xeral aberto ao público do Concerto de Reis da RFG. Sebastián Zinca dirixe o programa ‘A Bela Dormente’, con dramaturxia de Lorena Conde e narración e interpretación de Inés Salvado Gontad.

13.00 h
No Cemiterio de Boisaca, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste á ofrenda floral en lembranza de Ramón María del Valle-Inclán.

CABALGATA DE REIS
17.00 h
Os Reis Magos de Oriente percorrerán as rúas da cidade ata a praza do Obradoiro.
Percorrido: Praza da Mercé e desfile pola avenida de Ferrol, Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, República do Salvador, rúa do Hórreo, praza de Galicia, rúa da Senra, porta Faxeira, rúa do Vilar, praza das Praterías, travesa de Fonseca e praza do Obradoiro.
18.30 h
Praza do Obradoiro – Chegada da Cabalgata dos Reis Magos á Praza do Obradoiro e recepción por parte da alcaldesa e da Corporación.
19.00 h
Pazo de Raxoi – Saída dos Reis Magos ao balcón do Pazo de Raxoi.
Hai intérprete de signos
Haberá chocolate con churros de balde a partir das 19.00 no soportal do pazo de Raxoi
19.15 h
Pazo de Raxoi – Inicio da recepción dos Reis Magos, que recibirán os nenos e nenas de Compostela que desexen entregarlles persoalmente a súa carta.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia ofrece o concerto de Reis ‘A Bela Dormente’, coa dirección de Sebastian Zinca e a narración de Inés Salvado Gontad. Dentro do Programa de Abono Auditorio de Galicia -RFG.

Toda a programación de Nadal
http://estreladonadal.santiagodecompostela.gal/

Compartir: