Previsións informativas para o venres 26 de xaneiro
10.00 h
Na Alcaldía, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, mantén unha reunión co presidente do Consello Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS), Juan Carlos Molina Gaitán.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, para presentar a programación de Entroido na Rede de CSC de Santiago.
13.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción a un grupo de estudantes dos institutos de Viken e Oslokommnune de Noruega que están a participar nos cursos internacionais da USC.
20.30 h
No Auditorio de Galicia, representación de Romeo y Julieta Despiertan, de Entrecajas Producciones Teatrales e Teatro Español, protagonizada por Ana Belén e Jesús Noguero.
20.30 h
No Teatro Principal, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, asisten ao concerto de Guadi Galego no que a artista presenta o seu novo traballo ‘Síntese Horizonte’. Entradas esgotadas.