Previsións informativas para o xoves 25 de xaneiro
20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto ‘Percorrendo a felicidade’ da Real Filharmonía de Galicia. Coa dirección de Rita Castro Blanco e a participación do alumnado da EAEM. Antes do concerto, á partir das 19.45 horas na Sala Mozart do Auditorio, sesión Conversando con… Rita Castro Blanco. Dentro do Programa de Abono Auditorio de Galicia-RFG.
20.30 h
No Teatro Principal, Guadi Galego presenta en concerto o seu novo traballo ‘Síntese Horizonte’. Entradas esgotadas.
FITUR 2024
10:15 h
En IFEMA (sala 13 do edificio principal de oficinas Puerta Sur, planta -1), a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.
14:45 h
No stand de Galicia en FITUR, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Turismo, Míriam Louzao, asisten á presentación ‘Fíos...até a fin. Dende Santiago até Fisterra’, organizada pola Asociación de concellos do Camiño Fisterra-Muxía: Ames, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Negreira e Santiago de Compostela.
16:00 h
Na sala Ágora do stand Turespaña en FITUR, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Turismo