Previsións informativas para o venres 12 de xaneiro
11.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ao reitor e delegación académica da universidade Kiung Hee-Seúl, Corea do Sur, que participan nos Cursos Internacionais da USC.
12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de presentación da Sétima Edición do Enreguéifate. Na rolda estarán:
- Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago de Compostela
- Ramón Varela Rodríguez, concelleiro de Contratación, Mocidade, Feiras e Mercados do Concello de Carballo
- Demetrio Gómez, concelleiro de Normalización Lingüística de Pontevedra
- María Vázquez Rey, concelleira de Lingua do Concello de Teo
- Lupe Blanco, regueifeira
13.00 h
Na praza do Obradoiro, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste ao acto con motivo do Día da Morte Digna en Galicia.
20.00 h
No Salón de Actos do Museo das Peregrinacións e de Santiago, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste ao acto ‘A Ourivería, historia viva de Compostela’.
20.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto ‘Viaxe de volta’ da Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Sebastián Zinca e coa participación do alumnado da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM). O recital forma parte do foco dedicado ao compositor español Roberto Gerhard ao abeiro do Programa de Abono Auditorio de Galicia-RFG.