Previsións informativas para o xoves 11 de xaneiro
11.30 h
No Salón Amarelo, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibe as integrantes do grupo Leilía. A continuación, ROLDA DE PRENSA conxunta para presentar o concerto que as Leilía ofrecerán o sábado 13 ás 20.30 horas no Auditorio de Galicia.
Nota: foto ás 11.30 h no Salón Amarelo e a continuación, rolda na sala de prensa do Concello.
12.30 h
No Salón Amarelo, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibe a Maximino Zumalave con motivo da súa despedida como director asociado da Real Filharmonía de Galicia.
18.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, preside o acto de entrega de agasallos ás mellores persoas lectoras usuarias das bibliotecas dos centros socioculturais de Vite, Conxo, Fontiñas e Santa Marta con motivo do Día da Persoa Lectora.
19.00 h
No Museo do Pobo Galego, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste á homenaxe á artista Aurichu Pereira.