Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 12 de xullo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, para presentar o programa das Festas do Apóstolo 2019. Na rolda tamén estarán os artistas Montse Rivera, de Leilía; un membro de Milladoiro; Jamila Purofilin; e Rey Montesinos.

12.00 h
Na praza do Obradoiro, minuto de silencio pola muller asasinada hai un mes en San Fernando, Cádiz, vítima de violencia machista, e confirmada no día de onte.

12.05 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

14.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe o embaixador de Eslovaquia en España, Jaroslav Blasko.

19.00 h
No Museo do Pobo Galego, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugura a exposición "Vivencias", da fotógrafa Lea Tyrallová.

Compartir: