Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 15 de xullo

9.30 h
No Edificio Obra Social ABANCA (Praza de Cervantes), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da exposición "Mirar de novo. A muller contra o tempo".

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, para presentar o Día do Traxe Galego, dentro das Festas do Apóstolo. Tamén asistirán a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Pilar Astray, e a vicepresidenta, Rosa López.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Compostela Aberta Marta Lois e Jorge Duarte, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

De 17 a 18.30 h
Na Sala de Exposicións do Auditorio de Galicia, CoLAB Escoitas Fonográficas con Colapso Colectivo (Che Garrido e Xoán-Xil López), dentro da programación de ‘Colapsoloxías’.

20.00 h
Na Praza da Quintana, ‘Escenas coreográficas’, concerto da Banda Municipal de Música con bailaríns e bailarinas. Dirixidos por Casiano Mouriño.

22.30 h
No parque de Vista Alegre, concerto de Umbráfono (EdC) + Cris Lores, dentro da programación de ‘Colapsoloxías’.

Compartir: