Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 26 de maio

12.30 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visita a feira cabalar da Ascensión, no recinto feiral de Amio.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, Entrecajas presenta ‘Silencio’, con Blanca Portillo dirixida por Juan Mayorga. Dentro da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura.

FESTAS DA ASCENSIÓN

10 h - 12 h
Alborada a cargo da AV Brañas de Andrés

12 h
Concerto "De cofias e monteiras"
Casiano Mouriño Maquieira, director
Banda Municipal de Musica de Santiago de Compostela & Asociación do Traxe Galego (coa participación do grupo de baile e música tradicionais Brincadeira
· PRAZA DA QUINTANA ·

12 h
Barriga Verde contra o Demo Negro
Monicreques Larei Lará
Monicreques de fíos en mesa e luvas. Música en directo Aventuras do famoso personaxe Barriga Verde que desta vez ten que enfrontarse co Demo Negro, o demo da
contaminación e do lixo, que quere acabar coa nosa contorna.
Idade recomendada + 3 anos / 55 minutos
· ALAMEDA ·

12.30 h
Comparsa de cabezudos
Percorrido: rúa Nova, praza das Praterías, Fonseca, rúa do Franco, praza do Toural, rúa Nova, Caldeirería, Praza de Abastos, praza de Cervantes, Santo Agostiño, Casas Reais, rúa Travesa, Preguntoiro, Fonte Sequelo e rúa Nova.
· TEATRO PRINCIPAL ·

18 h
Barriga Verde
Viravolta Títeres
Luva clásica e monicreques de cachaporra
Mesturando a tradición do monicreque galego coa europea, recollemos cinco situacións que Barriga Verde, en compañía da súa cachaporra, resolve dun xeito que incomoda o Demo ao ver o seu inferno cheo de personaxes que non lle son gratos.
Todos os públicos / 50 minutos
· ALAMEDA ·

FOLK NA RÚA
PRAZA DE SANTO AGOSTIÑO
18 h · Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia
18.30 h · Agrupación Folclórica Colexiata do Sar
19 h · Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos
PRAZA DO TOURAL
18 h · Agrupación Folclórica Colexiata do Sar
18.30 h · Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos
19 h · Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia
PRAZA DE CERVANTES
18 h · Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos
18.30 h · Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia
19 h · Agrupación Folclórica Colexiata do Sar
PRAZA DAS PRATERÍAS
19.30 h · Actuación conxunta Folk na rúa

20.30 h
Silencio
Actriz: Blanca Portillo
Texto e dirección: Juan Mayorga
Prezo: 14 €
Retirada de entradas: compostelacultura.gal
Idade recomendada: + 18 anos
Teatro / 90 minutos / Lingua castelán
· AUDITORIO DE GALICIA ·

22 h
Ascensión 2022
Actuación PARÍS DE NOIA SHOW
· PRAZA DO OBRADOIRO ·

22 h
Actuación THE SEY SISTERS
· PRAZA DA QUINTANA ·

FEIRA CABALAR
10 h Apertura das inscricións na mesa do xurado para as diferentes mostras cabalares morfolóxicas e de andadura galega serrada e chapeada.
10.30 h Andadura Galega de tradición en marcha serrada (dous tempos).
11 h Andadura Galega de tradición en marcha chapeada (catro tempos)
11.30 h Morfolóxico de cabalos de pura raza galega, sección sementais maiores de tres anos, Gran Premio Dragóns de Santiago do Concello de Santiago de Compostela. Puntúa para a XXI Copa Galicia PRG.
12 h Morfolóxico de eguas de pura raza galega maiores de tres anos. Gran Premio Dragóns de Santiago do Concello de Santiago de Compostela. Puntúa para a XXI Copa Galicia PRG.
12.30 h Morfolóxico de cabalos e eguas percherón e bretón. Gran Premio Cabalo Santiagueiro (sección única).
12.45 h Morfolóxico de ponis (sección única).
13 - 14 h Grande espectáculo ecuestre de doma Ascensión 2022, con presentación de exercicios de doma de alta escola, doma á vaqueira, doma en rédeas longas, carrusel e fantasías ecuestres. Coa colaboración e participación da sección de doma da Asociación Pura Raza Cabalo Galego.
14 h Fin da feira

Compartir: