Previsións informativas para o xoves 27 de xullo
10.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
1. SECRETARÍA XERAL. Referencia: 2023/00032163J.
Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
2. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023-REC-06.
Aprobación de expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito, baixo a codificación 2023-REC-06.
3. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023-REC-07.
Aprobación de expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito, baixo a codificación 2023-REC-07.
4. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023-REC-08.
Aprobación do expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito, baixo a codificación 2023-REC-08.
5. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023/00030956W.
Aprobación de expediente de crédito extraordinario 2023-CREXT-05, de importe 124.993,00 €, e de suplemento de crédito 2023-SUPLE-05, de importe 387.818,00 €, financiados coa aplicación dunha parte do saldo do RLTGX 2022.
6. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023/00030973L.
Aprobación de expediente de modificación do orzamento municipal do exercicio 2023 para aprobar unha nova subvención nominativa a favor da entidade "Cruz Roja Española", de importe 100.000,00 €, con base na subvención concedida pola Deputación Provincial da Coruña no marco do programa POS+ Adicional 1/2023 para gastos sociais extraordinarios do exercicio 2023.
7. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023/00031201V.
Aprobar a modificación da Base 40ª.B das Bases de Execución do Orzamento 2022 prorrogadas ao exercicio 2023.
8. SECRETARÍA XERAL. Referencia: 2023/00031081N.
Aprobación do expediente de modificación orzamentaria de suplemento de crédito 2023-SUPLE-01 do Auditorio de Galicia.
9. TESOURERÍA. Referencia: 2023/00005369S.
Delegación na Deputación Provincial da Coruña a recadación executiva das sancións municipais por infraccións que se deduzan da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a motor e Seguridade Vial, e das Ordenanzas Municipais sobre tráfico vial, e sobre ordenación e regulación de aparcamento e aparcamento de residentes.
10. Proposición presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE para rexeitar a censura no mundo da cultura e manifestar o seu compromiso coa liberdade de expresión e artística.
11. Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a elaboración dun Plan estratéxico municipal de voluntariado.
12. Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a creación dunha residencia para persoas con discapacidade gravemente afectadas.
13. Proposición presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE para a ratificación da cesión da Casa da Xuventude á Deputación Provincial.
14. Tomar coñecemento dos escritos presentados polos grupos políticos municipais de designación de representantes nas distintas comisións.
15. Tomar coñecemento de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e actas da Xunta de Goberno Local.
16. Rogos, preguntas e interpelacións.
Preguntas orais:
1. Presentada polo PP sobre as illas de recollida de residuos que se colocan no casco histórico.
2. Presentada polo PP sobre a actividade de aparcamentos irregulares que se desenvolven na Lavacolla.
17. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais:
1. Presentada polo PSdeG-PSOE para a ratificación da Corporación Municipal dos acordos acadados no Foro Cívico a prol da defensa dos intereses xerais de Santiago de Compostela.
2. Presentada polo PSdeG-PSOE relativa á solicitude de traslado da farmacia de Marrozos ao Outeiro do Castiñeiriño.
3. Presentada polo PSdeG-PSOE para a creación de apartamentos de alugueiro para estudantes en colaboración coa Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago.
4. Presentada polo PP para a elaboración e tramitación dun regulamento de usos de espazos emblemáticos da cidade.
5. Presentada polo PP para a organización de actividades culturais na honra de Francisco Asorey con motivo do día das artes galegas 2024.
19.30 h
Na Sede Afundación Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 19), o Consorcio de Santiago presenta o libro ‘Tímpanos de Compostela’, de Ramón Yzquierdo Peiró e que edita conxuntamente coa editorial Galaxia. Acode a presidenta do Consorcio e alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartín.