NADAL

Compostela despide 2017 coa San Silvestre e con festa no Obradoiro

30/12/2017

A praza do Obradoiro será o escenario dos eventos máis destacados cos que Compostela despedirá este ano 2017. Pola tarde, as corredoras e corredores invadirán a praza, onde se sitúan a saída e a meta da San Silvestre 2017. Xa pola noite, as compostelás e composteláns recibirán o 2018 coa música de TT Syndicate

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno inicia a licitación de obras orzamentadas en máis de 700.000 euros

29/12/2017

O Goberno local aprobou este venres o inicio do procedemento de licitación de catro actuacións longamente demandadas en Santiago, que van supoñer un investimento total de máis de 700.000 euros. O concelleiro Xan Duro, encargado de dar conta hoxe dos acordos da Xunta de Goberno, salientou o "elevado volume de investimentos que se está a licitar nas últimas reunións do Executivo, e que fará que o 2018 sexa o ano da obra pública en Compostela".

Ler máis

ALCALDÍA

Asinado o convenio coa Deputación para o financiamento da redacción do proxecto da Vía Verde Santiago-Cerceda

29/12/2017

O alcalde, Martiño Noriega, participou este venres na firma do acordo de colaboración entre a Deputación da Coruña e os concellos de Santiago, Oroso, Ordes, Tordoia e Cerceda para o financiamento da redacción do proxecto da Vía Verde que unirá eses municipios. O convenio prevé destinar case 40.000 euros aos traballos de redacción, dos que o 80% serán achegados pola Deputación e o 20% restante polos concellos implicados.

Ler máis

ALCALDÍA

Admitida a trámite a demanda contra Carmen Franco para esixir a devolución das esculturas do Mestre Mateo

28/12/2017

O Xulgado de Primeira Instancia nº 41 de Madrid vén de admitir a trámite a demanda civil presentada polo Concello de Santiago contra Carmen Franco, para esixir a devolución das figuras de Abraham e Isaac, obras do Mestre Mateo que están en posesión da herdeira do ditador. No escrito, o xuíz empraza á demandada a contestar no prazo de vinte días hábiles. Contra a resolución cabe recurso de reposición no prazo de cinco días, pero a súa interposición non terá efectos suspensivos.

Ler máis
Compartir: